Naceu en Tui (Pontevedra) en 1915, e faleceu en Vigo en 1985.
Escritor en lingua galega e castelá, Álvarez Blázquez é fillo de Darío Álvarez Limeses, milito una Federación de Mocedades Galeguistas e no Partido Galerista. Xunto con Luís Viñas Cortegoso fundou a Editorial Monterrey no ano 1950. Xa en 1962 ingresou na Real Academia Galega e dous anos despois, en 1964, fundou unha nova editorial: Edicións Castrelos.
Da súa obra en galego destacan a colección de relatos Os ruíns (1936) e A pega rabilongo e outras historias de tesouros (1971), no xénero da narrativa infantil. Entre a súa obra lírica, o poemario, realizado xunto co seu irmán Emilio, Poemas de ti e de min (1949), Roseira do teu mencer (1950), Cancioneiro de Monfero (1953), unha das obras claves do neotrobadorismo, Romance do pescador peleriño (1954), ademais de Canle segredo, escrito no 54 e publicado no 76.
Como ensaísta, publicou Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX (en 1959), Escolma de epigramas (1968), e Escolma de poesía medieval (1975).
En castelán Álvarez Blázquez publicou a novela En el pueblo hay caras nuevas (1945).
A RAG, basea a súa decisión de homenajear coas Letras Galegas 2008 a Álvarez Blázquez por ser "o exemplo perfecto dun home polígrafo, erudito e interesado pola historia, a arqueoloxía ou a literatura", e destacou tamén o seu "importante labor" no campo da literatura.
Autumn Castle
sábado, 17 de mayo de 2008
Xosé Álvarez Blázquez, homenaxeado no día das Letras Galegas de 2008
Suscribirse a:
Comment Feed (RSS)
|